Thursday 28 de March de 2024

A aldea de Novefontes, capital galega do teatro escolar por un día ao acoller o XIV Festival Galego de Teatro Escolar de Touro


Máis de 100 pequenos actores e actrices de Touro, Santiago, Teo e Palas de Rei participan nesta tradicional cita co teatro, que este ano invitou á reflexión sobre a igualdade, a paz ou o respeto

A aldea de Novefontes, no Concello de Touro, foi hoxe a capital de Galicia do Teatro Escolar. A igrexa parroquial e os camiños, prados e montes da contorna foron o escenario do roteiro tetral, musical e poético do XIV Festival Galego de Teatro Escolar de Touro, que organizou a ANPA do CPI Fonte Díaz de Touro en colaboración con Concello de Touro, a Asociación Cultural a Pinguela de Bama, a Banda de Música Isabel II de Touro e o grupo As Catro d’Andrea. Ás 16.00 horas deste asollado sábado de marzo, a xente concentrouse diante de igrexa de Novefontes. E puntual, comezou o roteiro teatral protagonizado polo alumnado, familias e profesorado do CPI Fonte Díaz e polas asociacións A Pinguela de Bama e As Catro D’Andrea. A ruta teatral consegiu achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, fomentou a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, aproximou o alumnado ao mundo rural e tamén logro transmitir o tecido cultural das xeracións que nos precederon. Transcurriu tamén a carón do castro e a través das rutas de sendeirismo quetransitan esta zona, en plena natureza.

A segunda parte do XIV Festival Galego de Teatro Escolar de Touro aconteceu na Casa da Cultura de Fonte Díaz, a partir das 18.30 horas. Participaron máis de cen actores e actrices de catro Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia. A Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Teatro, O ObradoiroMunicipal de Teatro de Palas de Rei, A Aula de Teatro do IES de Cacheiras, de Teo e A Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas puxeron en escena o espectáculo As maletas dos contos viaxeiros. O obra teatral, desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, contou diversas historias que invitan á reflexión sobre valores como a igualdade, a cultura da paz, o respecto ao medioambiente, a s solidariedade, a integración… Foi un espectáculo que se vertebrou sobre un conceptoda educación como ferramenta imprescindible na realización plena do ser humano a través de valores como o diálogo, a tolerancia, a humildade, o respecto…

Este Festivallogrou que o alumnado das catro Aulas de teatro interactuase e amosase conxuntamente o traballo realizado durante o Curso teatral que se desenvolve ao longo do curso académico 2022/23 nas catro localidades; ademais de integrara persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común:a posta en escena dunha obra teatral. Insírese dentro dunha xira de funcións que comezou o pasado día 2 de marzo no TeatroPrincipal de Ourensee continuará en Palas de Rei, Compostela, Cacheiras, Alcalá de Henares,Argamasilla de Alba, San Clemente, Tabernas (Almería) e Granada.